Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2026.
O vindeiro 17 de novembro, martes, o docente, investigador e historiador José Enrique Benlloch del Río impartirá unha palestra co título: “Relatos históricos de Muxía e Moraime”
Data: 17 de novembro
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa
José Enrique Benlloch (Muxía, 1949) desenvolveu a sua vida profesional ligada á empresa, á docencia e á formación universitaria continuada. Na sua faceta investigadora e historiadora, é recoñecido polos seus estudos sobre o pasado medieval e documental da Costa da Morte. O seu traballo céntrase na análise das fontes relacionadas con Muxía, o priorado de Moraime e as antigas terras de Nemancos.
Ao longo de varias décadas, publicou numerosos traballos científicos e divulgativos sobre o patrimonio documental galego, entre as que se poden citar a Historia de Muxía e Moraime. Apuntamentos (2026), os Estudos sobre o Mosteiro de Moraime (2022, 2015, 2012) e as investigacións sobre a actividade dos escribáns das terras de Nemancos, a evolución histórica de Muxía e o papel económico das palilleiras e das mulleres na comarca durante o século XVIII.
Esta labor de recuperación da memoria histórica se ven realizado en colaboración e co apoio de entidades culturais da comarca, como a Asociación Cultural Xervasio Paz Lestón, o Concello de Muxía ou a traveso de iniciativas pola defensa do Patrimonio Cultural Inmaterial de Muxía (proxecto Buserana).