Palestra: “Denominacións de orixe dos viños de Galicia: a importancia das variedades autóctonas” Alfonso Losada Quiroga

Alfonso Losada: un apaixonado divulgador dos viños galegos

Desde a Agrupación Cultural O Facho  comunicámosvos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primer trimestre de 2026.

O vindeiro día 13 de xaneiro  

Data: 13 de xaneiro, martes, será o enólogo Alfoso Losada Quiroga quen protagonice a próxima palestra da nosa agrupación.

Hora: ás 8 do serán

Lugar:  Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa

Alfonso Losada, natural de Tuiriz e actualmente residente en Ourense, é funcionario da Xunta de Galicia e conta cunha sólida formación como Enxeñeiro Técnico Agrícola e Máster en Viticultura, Enoloxía e Marketing de Viños.

Ao longo da súa carreira investigou na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), onde foi xefe das seccións de Viticultura e Enoloxía. Alfonso combina o seu coñecemento técnico cunha verdadeira paixón polos viños galegos, facendo da divulgación a súa marca persoal.

Participou en cursos, xornadas e charlas, asesorou a viticultores e adegas, e forma parte de comités de cata e certificación en eventos nacionais e internacionais. Ademais, colabora regularmente en diversos medios de comunicación.

Nesta palestra, Alfonso compartirá a súa experiencia e entusiasmo polo mundo do viño galego, invitándonos a descubrir os segredos e historias que se esconden detrás dunha boa botella.