Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do terceiro trimestre de 2025.
O vindeiro día 30 de setembro, o naturista e ornitólogo José Luis Rabuñal impartirá unha palestra co título: 50 Anos de experiencias ornitolóxicas pola Costa da Morte.
Data: 30 setembro, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Espazo Cultural Portas Ártabras- sito na Rúa Sinagoga nº 22-baixo 15001 A Coruña. Ver mapa
José Luis Rabuñal Patiño, licenciado en Dereito e Avogado do Estado ata 1976 con cese por excedencia voluntaria. Contratado por Caixa de Aforros de Galicia ata a súa xubilación en 2009. Apaixonado naturalista e ornitólogo, foi presidente de honra do Grupo Hábitat, socio de honra da Sociedade Galega de Ornitoloxía e membro dos comités de rarezas de SEO/Birdlife.
É coautor do libro Territorios pajareros (2024) e autor de máis de 240 rexistros de rarezas ornitolóxicas. Durante décadas coordinou o censo invernal de aves acuáticas e mariñas en Galicia.
Na súa próxima conferencia compartirá máis de cincuenta anos de experiencias ornitolóxicas na Costa da Morte, especialmente no esteiro do río Anllóns e a lagoa de Traba (Laxe).