Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e
nos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel con a súa
obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, realizase a
convocatoria para 2026 do Concurso Literario de “Contos de Nenos para Nenos”
BASES DO CONCURSO
Descargar bases en formato PDF
PRIMEIRA: PARTICIPANTES:
1. Poderán participar rapaces e raparigas que presenten as súas obras en Lingua galega en calquera das tres normas ortográficas (RAG, Eo-Naviego, Reintegrado, Lusófona).
Categoría A: Nenos e nenas de 9 a 12 anos
Categoría B: Rapaces e raparigas de 13 a 16 anos
2. Os traballos presentados deberán ser:
* orixinais e inéditos en toda a súa extensión
* non teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e
* os seus dereitos de publicación podan ser cedidos à Asociación Cultural O Facho por
período de cinco anos contados a partir do día do fallo do xurado
3. A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.
SEGUNDA: PREMIOS
1. En cada categoría existirán dous premios en metálico coa seguinte dotación económica:
Categoría A: Nenos e nenas de 9 a 12 anos
1º PREMIO 500 €
2º PREMIO 300 € €
Categoría B: Rapaces e raparigas de 13 a 16 anos
1º PREMIO 500 €
2º PREMIO 300 € €
TERCEIRA: PRESENTACIÓN DOS CONTOS:
1. Poderá ser individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos, por:
- Correo electrónico: ofacho@ofacho.com
- Correo postal dirixido à: Asociación Cultural O FACHO, Apartado de Correos n.º 46, Oficina Principal.
2. No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha pre-selección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser presentado individualmente.
3. Cada autor só poderá presentar unha obra atendo-se aos seguintes “límites de extensión” dos contos:
Categoría A: Máximo de cinco folios
Categoría B: Máximo de dez folios
4. As obras se presentarán por triplicado, manuscritas ou mediante editores de texto, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes
DATOS:
Nome e apelidos do autor/a.
Enderezo e telefono. Correo electrónico.
Centro onde cursa os seus estudos.
Categoría na que participa (A ou B).
CUARTA: XURADO
1. Os premios serán escollidos por un xurado designado pola Asociación Cultural O Facho.
2. Alén da orixinalidade literaria, o xurado valorará a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras.
3. O xurado poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así cono as dubidas na súa interpretación.
4. O fallo do Xurado publicarase no mes de Maio.
QUINTA: PRAZO DE ADMISIÓN
1. prazo de admisión de orixinais finaliza o día 3 de maio do 2026 ás doce da noite.
A Coruña, febreiro de 2026
