Palestra: “Begoña Caamaño. Biografía, literatura e xornalismo” Ramón Nicolás Rodríguez

Desde a Agrupación Cultural O Facho  comunicámosvos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do segundo trimestre de 2026.

O vindeiro dia 19 de maio temos o pracer de contar na nosa agrupación coa presenza de Ramón Nicolás Rodríguez, unha das voces máis recoñecidas da crítica e divulgación literaria galega actual

Data: 19 de maio, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña.  Ver mapa

Ramón Nicolás Rodríguez, unha das voces máis recoñecidas da crítica e divulgación literaria galega actual. Nado en Vigo en 1966, é profesor, escritor, tradutor e ensaísta, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve desde hai décadas un intenso labor de estudo e difusión da literatura galega, tanto na crítica especializada como nos medios de comunicación.

Colaborador habitual do suplemento cultural “Fugas” de La Voz de Galicia, participou tamén en revistas, programas culturais e proxectos editoriais de referencia. É padroeiro da Fundación Celso Emilio Ferreiro e director da colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia. A súa traxectoria destaca especialmente polo estudo de figuras centrais da nosa literatura e polo seu compromiso coa cultura galega. En 2021 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega e, en 2026, pasou a formar parte do Consello da Cultura Galega.