Lectura teatralizada de Un ollo de vidro no Ágora

O pasado venres 31 de outubro, o Auditorio do Centro Sociocultural Ágora acolleu unha lectura pública teatralizada da obra de Alfonso Rodríguez Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, organizada pola Federación Galiza Cultura, da cal O Facho forma parte.

O acto contou co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña e coa participación das asociacións A.C. Alexandre Bóveda, A.C. Tempo Novo, A.C. O Facho, A.C.L.P. Roxín Roxal e a Asociación Veciñal Agra.

Como colofón, a xornada pechouse cun magosto popular no campo de chave, grazas á colaboración da Asociación Os Mariñeiros, ofrecido pola Federación Galiza Cultura a todas as persoas asistentes.

Unha iniciativa que combina cultura, memoria e convivencia, e que mantén vivo o espírito participativo e festivo do noso outono cultural.