Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2026.
O vindeiro dia 24 de marzo o licenciado en Dereito e Ciencias Económicas Enrique Sáez Ponte impartirá unha palestra co título: “O mundo e nós”
Data: 24 de marzo, martes
Hora: ás 8 do serán
Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña. Ver mapa
Enrique Sáez Ponte (A Coruña, 1947) é licenciado en Dereito e en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e MBA do IESE (Barcelona).
Profesional da empresa privada, traballou durante trinta anos no Banco Pastor (orixinado en 1776), e ocupou postos de alta dirección nos derradeiros 14 anos desta etapa, que rematou no 2003 cando era Director Xeral Comercial. Asistiu a cursos de especialización sobre temas financeiros na Northwestern University (Illinois, USA) e na Cambridge University no Reino Unido.
Desde 2003 preside a Fundación Juana de Vega (1872) e o grupo Torres & Sáez (1894). Foi tamén presidente, dende 2009 ata 2014, da Unión de Almacenistas de Hierros de España (1910).
A actividade profesional, que o levou a dirixir ou presidir catro organizacións privadas de máis de 100 anos de antigüidade, ten reforzado o seu interese polos temas económicos e sociais, especialmente polos que teñen que ver co desenvolvemento, a organización dos estados modernos, a economía mergullada e a situación de Galiza. Intervén acotío en cursos e seminarios. Ten publicados numerosos artigos e tres ensaios: O mundo e nós (Xerais, 1999), La energía oscura del dinero (Netbiblo, 2007, Ediciones Europa 2021)e A liberdade no século XXI (Galaxia, 2017).
Na palestra, Enrique Sáez fará unha reflexión sobre a complexa situación socioeconómica e política internacional actual e o comportamento dunha Galiza máis aberta nese contexto.