Abril de lume e ferro-Carral-26 de abril-12,00- Praza da Capela

O pasado 26 de abril ás 12:00 h, a plataforma social Vía Galega —da que A.C. O Facho forma parte— celebrará en Carral un novo acto público en homenaxe aos Mártires de Carral, coincidindo co seu 180 aniversario.

Este encontro de lembranza e reivindicación busca recuperar unha parte fundamental da nosa memoria colectiva, tantas veces silenciada. A través del, preténdese traer ao presente a dignidade e o sacrificio de quen loitaron pola liberdade de Galiza e pola construción dunha sociedade máis xusta.

O acto terá lugar diante do monumento aos Mártires, en Carral, e contará coa lectura do manifesto a cargo da autora deste ano, Marica Campo, así como coa intervención da portavoz de Vía Galega, Lucía Veciño.

A xornada incluirá tamén a actuación do grupo musical Tres pés e rematará cunha ofrenda floral.

Unha cita para lembrar, compartir e manter viva a nosa historia.

Convidamos a toda a cidadanía a asistir e participar neste acto de memoria colectiva.

A.C. O Facho.

Ler o pregón completo de Marica Campo

https://ofacho.com/wp-content/uploads/2026/05/Manifesto-26-de-abril.pdf