Homenaxe a Manolo Caamaño no Teatro Colón

O vindeiro domingo, 14 de xuño, ás 20:00 horas, celebrarase no Teatro Colón da Coruña unha homenaxe a Manuel Caamaño Suárez, quen foi presidente da Agrupación Cultural O Facho entre 1966 e 1978.

A través deste acto, diversas persoas e institucións queren recoñecer a contribución de Manuel Caamaño á cultura galega e o seu compromiso co asociacionismo cultural nun período especialmente significativo da nosa historia recente.

Intervirán Xosé Ramón Fandiño (Museo do Pobo Galego – Pedrón de Ouro), Henrique Monteagudo (Real Academia Galega), Carlos López (Agrupación Cultural O Facho), Miro Casabella, Xavier Alcalá e Xosé Manuel Beiras.

A homenaxe contará tamén coa actuación da Coral Polifónica Follas Novas e de Miro Casabella.

Teatro Colón (A Coruña)

 Domingo, 14 de xuño

 20:00 horas

Acceso gratuíto ata completar aforo.