CONCURSO DE TEATRO INFANTIL 2025 CONVOCADO POLA
AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO
Asumindo un ano máis como propias as palabras de Juan Ramón
Jiménez cando afirmaba que “teatro infantil é aquel que tamén lle gusta
aos nenos”, a Agrupación Cultural O FACHO acordou convocar o
Concurso de Teatro Infantil, que se rexerá polas seguintes bases:
1o) Poderá optar ao devandito premio calquera persoa, sen restrición,
sempre que a obra sexa inédita e escrita en lingua galega, -en calquera
norma ortográfica (AGAL, PADRÓN, RAG)- non representada, nin
premiada noutros certames.
2o) Estabelécese un premio único de 500 €.
3o) A obra, que non poderá exceder os 80 folios, será presentada por
triplicado, en formato DIN A4, a dobre espazo e mecanografados por unha
soa cara.
4o) Os orixinais para o Concurso enviaranse por correo ao enderezo:
- Caixa de Correos n.o 46, Oficina Principal da Coruña.
Presentaranse baixo un lema, que figurará na portada dos textos
enviados, e virán acompañados dun sobre pechado que conteña no
exterior o lema da obra e, no interior, o nome, apelidos e teléfono do autor
ou autora.
5o) O prazo de admisión de orixinais remata o día 16 de abril do 2025
ás doce da noite. O fallo do premio farase público no mes de maio.
6o) O/a gañador/a será elixido/a por un xurado nomeado pola
Agrupación Cultural O FACHO. Devandito xurado está composto por
persoas de recoñecido prestixio no ámbito teatral galego.
7o) O xurado poderá declarar deserto o premio do concurso e será o que
deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean
contempladas nestas bases, así como as dúbidas que poidan existir na
súa interpretación.
8o) A participación neste Certame implica asumir as bases deste.
9o) Os orixinais non premiados poderán ser retirados, no prazo de 30
días, previo correo dirixido ao enderezo postal da agrupación. No caso de
que o autor ou autora non resida na Coruña poderá solicitar que lle sexan
enviados por correo postal.
Esta convocatoria entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación
nos medios.
Agrupación Cultural O Facho
A Coruña, 31 de xaneiro de 2025