Artigos e Novas
Neste comezo de ano, o equipo de O Facho quérevos desexar un 2024 cheo de éxitos e, por suposto, moita cultura. O ano pasado foi un ano moi especial para nós que celebramos o noso 60 aniversario. Co convencemento de que cada momento cultural compartido é un paso máis na […]
O pasado 19 de decembro, no local de Portas Ártabras, O Facho conmemorou os seus 60 anos como faro luminoso na defensa da cultura e lingua galegas. Na celebración, contamos coa presenza de Xulio López Valcárcel, quen compartiu as súas vivencias durante o seu mandato como presidente entre 1984 e […]
Esta infografía destaca aos presidentes que, ao longo de 60 anos, representaron ao Facho. En diferentes etapas, cada un deles traballou coas súas respectivas xuntas directivas pola defensa da lingua e da cultura galega desde a fundación ata hoxe GRAZAS
Xosé Alberte Corral Iglesias é sócio fundador e actual presidente da Agrupaçom Cultural O Facho. Desde a sua fundaçom, en 1963, e convencido da importância da sua labor em defensa da língua e da cultura galega, ocupa nela diferentes cargos diretivos. É Professor Mercantil pola Escola de Comercio de A […]
Compartimos convosco a resolución dos concursos anuais da Agrupación Cultural O Facho: ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS DOS CONCURSOS LITERARIOS: 26 DE MAIO – 19:00 h – PORTAS ÁRTABRAS. VER MAPA Concurso de Contos de nenos para nenos O Facho 2023: 1º Premio. Título: “O caso Antón”Autora: Carolina Pazos AlonsoCentro: […]
Na primavera de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron, mediante un escrito, a Real Academia Galega a celebración do Día das Letras Galegas. Nese mesmo ano en […]
O Facho sinte un profundo pesar ante o pasamento de Salvador Garcia-Bodaño, unha persoa que colaborou con esta Agrupación Cultural desde os seus primeiros tempos dun xeito desinteresado e xeneroso. Salvador García- Bodaño ((1935- 2023) foi membro dunha xeneración –a das Festas Minervais– que se manifesta a finales dos 50. […]
Neste 2023 non que estamos a celebrar o noso 60 aniversario, queremos lembrar a Francisco Fernández del Riego, a quen está dedicado o Día das Letras Galegas deste ano, e a quen O Facho concedeulle o Facho de ouro no ano 2008. Para achegarnos á súa figura, tivemos o pracer […]
Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO enos que participaron ou gañaron moitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel con a súaobra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, realizase aconvocatoria para 2023 do Concurso Literario […]
Considerando ao noso poeta Manuel Rivas cando asegura que a poesía é o taller “onde nace todo” e co fin de expresar emocións, sentimentos ou reflexións na nosa propia lingua O Facho convoca o concurso de poesía 2023. É para xente nova que non teña publicado ningún libro individual de […]
Asumindo un ano máis como propias as palabras de Juan Ramón Jiménez cando afirmaba que “teatro infantil é aquel que tamén lle gusta aos nenos”, a Agrupación Cultural O FACHO acordou convocar o Concurso de Teatro Infantil, que se rexerá polas seguintes bases: 1º) Poderá optar ao devandito premio calquera persoa, sen restrición, sempre que […]
Manuel Lourenzo, actor, director teatral, investigador, dramaturgo, conferenciante, dinamizador de diferentes iniciativas teatrais e membro de honra da Academia Galega de Teatro, a quen os máis novos coñecerán seguramente por dar vida a Melgacho, na serie Mareas Vivas, ou a Vicente Otero ‘Terito’ na serie Fariña, ten unha longa, ben […]
En novembro dentro do ciclo “Terra e futuro” Nemesio Barxa Álvarez, coa súa conferencia: “A titularidade veciñal dous montes: Importancia dá sua defensa e diferenzas legais coa titularidade privada”, levounos dunha maneira tranquila e sosegada por uns camiños intrincados histórica e socialmente. O monte en mancomún é de titularidade colectiva […]
“As laranxas mais laranxas de todas as laranxas”, de Carlos Casares, foi a obra gañadora do I Concurso de Teatro Infantil do Facho. Polo ano 1972, O Facho, coa finalidade de celebrar os seus dez anos de vida como agrupación cultural, propuxo crear un concurso de teatro infantil en galego, […]
“A galiña azul”, foi o conto co que o seu autor, Carlos Casares Mouriño, ganou o premio na primeira edición do Concurso de Contos infantís O Facho. Foi premiado no ano 1968 e publicado neste mesmo ano sendo un éxito sen precedentes para o público miudo. Baixo un formato de […]
O pasado 20 de maio, dentro do programa de palestras organizadas polo Facho para 2022, tivemos o pracer de contar co profesor Miro Villar que, presentado por Henrique Sánchez, fixo todo un exercicio de divulgación, ameno, didáctico e moi ben documentado, sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán, a quen […]