O pasado, 9 de decembro, Portas Ártabras converteuse nun escenario da memoria teatral coruñesa coa presentación do libro Tespis e o contexto teatral coruñés, de Francisco Otis Ríos, dentro das palestras do Facho. O que se viviu foi unha conversa viva, máis próxima a unha charla de café ca a […]
Artigos e Novas
Neste tempo de Nadal, desde o Facho queremos desexar boas festas compartindo unha imaxe que non pide ruído nin celebración fácil, senón atención. Un cadro de Isaac Díaz Pardo que nos propón mirar cara a fóra non como quen se evade, senón como quen se fai cargo do que hai: […]
O pasado 16 de decembro celebrouse en Portas Ártabras a última palestra do Facho do ano 2025, a cargo de Alexandre Peres Vigo, baixo o título Galaicofobia: ou desprezo contra o pobo galego até os nosos días. Na súa intervención, Alexandre explicou que a galaicofobia é un fenómeno fondamente político, […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 9 de decembro o delineante, técnico en xestión teatral, debuxante e humorista gráfico Francisco Oti Rios, Paco Oti, impartirá unha palestra co título: “Tespis, o contexto teatral coruñés”, título do seu libro que tamén […]
*Imaxe principal do artigo: Xulio Gil O pasado 20 de novembro, na sede Portas Ártabras, O Facho rendeu unha homenaxe cálida, emotiva e necesaria a Manuel Lourenzo. Non era un acto máis: era unha declaración de gratitude colectiva a unha traxectoria fundacional no noso teatro contemporáneo. Actor, dramaturgo, mestre e […]
O 25 de novembro, en Portas Ártabras, o biólogo Cosme D. Romay expuxo a grave expansión do eucalipto en Galicia, amosando con datos e mapas como esta especie xa ocupa amplas zonas do país, incluída a Rede Natura 2000. Analizou as chamadas moratorias-trampa ás novas plantacións e explicou por que […]
O pasado 14 de novembro O Facho participou no acto de Vía Galega no Parrote, unha iniciativa para achegar os nosos símbolos nacionais —o himno e a bandeira— e reforzar a conciencia e a autoestima colectivas. A data escolleuse para lembrar a I Asemblea Nacionalista Galega, celebrada polas Irmandades da […]
Agrupación Cultural O Facho rende homenaxe a Manuel Lourenzo, figura esencial do noso teatro e creador, xunto con Francisco Pillado, do Grupo de Teatro O Facho en 1965, iniciativa considerada o inicio do teatro independente en Galicia. Ademais, participou activamente na vida cultural da entidade como xurado dos premios do […]
Na última palestra organizada pola nosa Agrupación Cultural, José María Monterroso presentou “Apelidos galego-portugueses no mundo”, unha exposición sobre a presenza e a pegada dos apelidos de orixe galego-portuguesa en diferentes países, especialmente en América. Ao longo da charla mostrouse como apelidos moi coñecidos en Galiza e no norte de […]
O pasado venres 31 de outubro, o Auditorio do Centro Sociocultural Ágora acolleu unha lectura pública teatralizada da obra de Alfonso Rodríguez Castelao, Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, organizada pola Federación Galiza Cultura, da cal O Facho forma parte. O acto contou co apoio da Área de Cultura […]
Unha muller que viviu entre Galicia, Polonia e os grandes acontecementos do século XX; actriz, escritora, correspondente de guerra e pioneira no xornalismo internacional. A súa historia volve brillar grazas ao traballo de Charo Martínez. O pasado 21 de outubro, o espazo cultural Portas Ártabras, na Coruña, encheuse de curiosidade […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 28 de outubro Data: 28 de outubro, martes, será o escritor, poeta e activista cultural José-María Monterroso quen protagonice a próxima palestra da nosa agrupación. Hora: ás 8 do serán […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do cuarto trimestre de 2025. O vindeiro día 21 de outubro a profesora e investigadora Mª Rosario Martínez Martínez impartirá unha palestra co título: “Sofía Casanova e o seu tempo” . Data: 21 de outubro, martes Hora: ás 8 do serán […]
O 30 de setembro tivemos a sorte de escoitar en Portas Ártabras a José Luis Rabuñal. Dende o primeiro minuto decatámonos de que non só falaba un apaixonado da ornitoloxía, senón tamén dunha persoa fondamente sensible coa defensa da natureza. Aínda que a súa profesión foi o dereito, a relación […]
Desde a Agrupación Cultural O Facho comunicámosvos a celebración do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do terceiro trimestre de 2025. O vindeiro día 30 de setembro, o naturista e ornitólogo José Luis Rabuñal impartirá unha palestra co título: 50 Anos de experiencias ornitolóxicas pola Costa da Morte. Data: 30 setembro, martes Hora: […]
Con fonda dor e un baleiro imposible de encher, a Agrupación Cultural O Facho despide a Manolo, un amigo querido e comprometido cuxa presenza e traballo deixaron fonda pegada na nosa historia. A Asociación Cultural O Facho fixo público en La Opinión un sentido recordo de quen foi colaborador xeneroso, […]
O 17 de xuño, o Circo de Artesáns da Coruña acolleu unha emotiva homenaxe a José María Monterroso Devesa, organizada por amigos e entidades culturais como Alexandre Bóveda, O Facho, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia e o propio Circo. Nun ambiente próximo e cun salón cheo, Pura […]
O vindeiro martes 17 de xuño, ás 19.30 h, o local do Circo de Artesáns acollerá un acto de homenaxe a José-María Monterroso Devesa, organizado por amizades persoais e diversas entidades culturais da cidade: A.C. Alexandre Bóveda, Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, Circo de Artesáns e A.C. O […]
A seguir detállase polo miúdo a resolución do concurso anual de contos da Agrupación Cultural O Facho: Premios da Categoría A(Nenos e nenas dende 9 ata 12 anos): 1º PREMIO Título: O tradutor máxicoAutora: Adriano González LeiraCentro: IES Rosalía de Castro (Compostela) 2º PREMIO Título: Trofeo prexudicialAutora: Ana López CanosaCentro: IES […]
O pasado 27 de maio, O Facho organizou unha palestra a cargo de Francisco Ascón Belver, animador sociocultural, activista e escritor, co título: “A Coruña, 1901: un retrato a chumbo e sangue”. O acto celebrouse, como é costume, no Espazo Cultural Portas Ártabras —sito na rúa Sinagoga nº 22, baixo, […]